martes, 10 de julio de 2007

TRADICIÓNS DE FRADES

Ola escribo desde Frades e chámome Cristina, son galega e teño 11 anos. Onte falei coa miña veciña Antonina que debe ter 80 anos e con miña avoa Carmiña e contáronme que antigamente as casas tiñan dous pisos ; abaixo eran as cortes e arriba as habitacions.

As casa non tiñan teléfonos, radios nin ordenadores.

Comían caldo ao almorzo ao xantar e a cea a merenda comían tortilla de masa.Nas festas comían patacas con azafrán e carne de coello ou porco.Facían toda a comida na casa.

Nos traballos do campo axudaban moito os animais e era moi agotador. A maioria das persoas traballaban no gando. Os rapaces case non ían a escola por culpa do traballo. Había unha escola en cada parroquia e todas as escolas tiñan dous pisos, abaixo estaba a aula e arriba vivía a profesora.

A roupa faciase na casa, ou mercábase na feira. A roupa de diario era sempre a mesma. Polo camiño levaba a roupa vella e cando estaba chegando a misa poñían a roupa nova.

ESPERO CONTARVOS MÁIS MAÑÁN.

No hay comentarios: