lunes, 3 de septiembre de 2007

As cantigas de Consuelo

Consuelo Maceiras, da parroquia de Papucín, participou no obradoiro de informática para maiores de 60 anos e de paso deixoume, para o blog contaconfrades, un bo lote de cantigas, só unha pequena parte de todas as que ela lembra. Aquí volas poño. (Gracias, Consuelo!)

Chamáchesme moreniña
porque semellas meu pai
se te botas polo mundo.
moitas máis morenas hai.
Chamáchesme moreniña
porque nacín na revolta
aínda ti non es o guapo
que me das a viravolta

Quen me dera saber
onde a rula ten o niño
teno na horta do cura
no máis alto ramalliño.
Home pequeno non o quero
eso non me ha de valer
que me parece na casa
unha xesta de varrer.
O carballo da a landra
e o castaño da o ourizo
e o home que non ten barba
nunca sae do cachorizo.
O cura que me casou,
debía de estar borracho,
nin siquera me preguntou
se era femia ou era macho.
O cura que me casou,
tamén me puido velar,
se me peta na cabeza,
aínda me volvo descasar.
María ten un tinteiro
cheo de tinta amarela,
deixame mollar a pluma
no teu tinteiro Manuela.
O que me axude a cantar,
eille de dar chocolate,
o que non me axude nada
un veneno que o mate.
Estas dúas que están bailando
estas dúas que bailan ben,
unha parece a gramalleira
outra o rabo da sertén.
Pensaches tonto pensaches
pensaches que te quería,
iso dicircho eu,
mentres outro non che tiña.
Pensas que moito che quero
porque che miro para a cara,
muchos van a la tienda
por ver y no comprar nada
Telo sombreiro torto
pódelo poñer ao dereito
que che quero preguntar
o mal que che teño feito.
Telo sombreiro torto
para que se che vexa o pelo
nin has de facer mellor moza
nin has de casar máis cedo.
Carpinteiro faime un tallo
que me quero sentar nel
e se non o fas ben feito
cágome en tí e máis nel.



martes, 17 de julio de 2007

Os arredores da Casa Consistorial


Ola a tod@s . Hoxe, ademáis do artigo de Cris e Paula sobre a fauna de Frades, tamén demos un paseo polos arredores da Casa Consistorial para sacar unhas fotos cunha cámara dixital, e así poidades coñecer algo mellor esta zona. Estas son algunhas das fotos que sacamos. Agardamos que vos gusten. Para velas en grande, só tendes que clicar enriba delas.

A FAUNA DE SANTAIA

A fauna de Santaia:
Abundan os animais de granxa como vacas, porcos, galiñas...
VACAS

As vacas estan no prado so se meten pa muxir e dicir sacarlles o
leite.
Esta vaca como poden ver e parda "do país".Chamase Cachorra.

Estas vacas non dan case ningún leite pero o queixo esta riquísimo.
As vacas pintas dan moito leite 3.000 litros aproximadamente.
Co leite de estas vacas tamén se pode facer queixos,iogures...

PORCOS
Os porcos estan casi sempre na corte son moi sucios,son bastante gordos.Nesta aldea botanlle de calquer tipo de comida para despois matalos, non e agradable velos mortos, pero a súa carne esta pa chuparse os dedos.

GALIÑAS

As galiñas case sempre estan enxauladas .Comen penso,verzas...Dan ovos dependendo das razas,tamaños...os ovos poden ser grandes ou pequenos.
Os galos non poden poñer ovos,pero sirven pa chocar as galiñas;e así teñen polos.

ANIMAIS DE COMPAÑÍA




Os animais de compañía soen estar en liberdade pero algúns son maltratados,estes animais tamén sirven pa axudar as persoas,por exemplo:os cans gardan a casa ou axudan os cegos e danlle moito cariño.

COELLOS

Os coellos son unha especie moi abundante. Xeralmente comen herba, penso...




viernes, 13 de julio de 2007

cantigas

Miña avoa sabe moitas cantigas e síguemas contando todos os días...
Tanto me ten que me fales,
como que pases calado,
pena por ti non a teño
loito por ti non o traio.

Fágoche unha cruz na porta,
a outra na cepa do hórreo,
dígoche adeus meu queridiño
que eu aquí nunca máis volvo.

Alto pino, alto pino,
na cima ten un piñón,
quen me dera ter aquí
quen teño no corazón.

Alto pino, alto pino,
o ceo chega a rama,
debaixo do alto pino
meu amante ten a cama.

Olvidáchesme, olvideite,
nada che quedei debendo,
deixeiche carta de pago
e marchei de aquí correndo.

jueves, 12 de julio de 2007

ESCOLAS


As escolas antes eran de dous pisos o solo era de madeira polo que ahora estan algo deteriodadas.
os profesores vivían arriba, e a aula estaba abaixo. Todos os nen@s estaban na mesma aula.
Os pupitres eran de madeira, a parte de adiante do pupitre tiñan un oco onde metian a tinta para escribir con plumas, tamen podía escribir con pizarra e tiza.
Tiñan poucas asignaturas: as matematematicas, a enciclopedia e escritura.
tiñan un libro chamadio cartilla no que cada día escribía un alumn@.
Levaban o material nunhas carteiras de pao.
Os mestres eran malos e pegabanlle moitos os alumn@s, tamen os metían nunha sala que estaba chea de culebras e lagartos...
Na clase había que estar sentados e calados, tiñan que saber a lección da enciclopedia e contestarlle ben as preguntas.
Namais ían á escola cando podían.Empezaban a escola con 5 ou 6 anos e acababan os 13 anos.
No recreo xogaban a moitos xogos populares como a mariola, a pedriña...

miércoles, 11 de julio de 2007

cantigas da zona de Frades

Hoxe a miña avoa contoume cantigas que cantaban nos seus antepasados e algunhas delas son:

debaixo da lavadoiro
donde María lavaba
había un anel de prata
nunha mazá colorada.

O río cando vai cheo
leva carballos e follas
tamén podía levar
as linguas murmuradoras.

Debaixo da oliveira
nin chove nin cae orballo,
o amor que ven aquí
xa che ven doutro lado.

O amante dos meus ollos
quedou de vir aquí hoxe,
se ha de vir, aínda non tarda
porque ten o camiño lonxe.

Sementei millo miúdo
no brazo dunha rapaza,
déixame marchar de aquí
antes de que o millo me naza.

Paxaro que vas voando
a pluma che vai caendo
as malas linguas do mundo
soíñas che van vendendo.

Oliveira ben prantada
sempre parece oliveira
e a nena ben casada
sempre parece solteira.

Adiós ríos, adiós fontes
lavadoiras de lavar,
adiós meu queridiño
que non che poido falar.

martes, 10 de julio de 2007

Refráns e outras cousas

Ola, son José Manuel de frades e teño 12 anos.

Refráns antigos que me contaron as miñas veciñas e veciños, María Prado, José Rodríguez e Visita Pardo.

"O paxaro cando chove mete o rabo na silveira, asi fan as nenas cando non hai quen as queira"

"Ou Xan chama a Xan que lle diga a Xan que Xan xa chegou"

"Padre nuestro pequeniño guíame por bo camiño e aló fun e alá cheguei, tres Marías encontrei en busca de Jesuscristo e non o puideron encontrar. Jesucristo esta na cruz cos peiños a sangrar chamando por Magdalena que llos viñese a limpar. Tente Magdalena tente, non llos vaias limpar que esas son as cinco chagas que Jesús ten que pasar polos vivos e polos mortos que han de resucitar".