Ola chámome Jose, teño 11 anos e son de Frades, estou escribindo desde a aula de informática do Concello. Onte estiven falando coa miña avoa e contoume cousas antiguas sobre Frades, algunhas das cousas son:Antiguamente cerca da parroquia de Papucín casouse unha parella que sorprendeu a moita xente porque case ninguén sabía que eran noivos. Él tiña 62 anos e era viuvo e ela tiña 60 e estaba solteira.
Casaron a noitiña para que ninguén os vira porque tiñan medo que fixeran mofa deles.
Cando chegaron de volta da igrexa e entraron na casa escoitaron uns sonidos fortes e raros; saíron a fora e puideron comprobar que os mozos do lugar lle estaban tocando os cornos, cousa que acostumaban a facer nesa época cando se casaba unha parella de avanzada idade.
Él cheo de rabia foi pola escopeta e botou uns tiros ao aire, os mozos marcharon a correr e rindo a gargalladas.
Tamén me contaron que non se poden comer grelos o martes de carnaval porque pican os mosquitos todoo ano... Eso é o que dí a xente.
Tamén din que en Santaia, ao lado da igrexa, debaixo da terra hai unha mina de ouro pero pegado ao ouro hai explosivos e bombas, así que quen quite o ouro fará que voen polos aires Santaia enteira.
martes, 10 de julio de 2007
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario