martes, 17 de julio de 2007
Os arredores da Casa Consistorial
Ola a tod@s . Hoxe, ademáis do artigo de Cris e Paula sobre a fauna de Frades, tamén demos un paseo polos arredores da Casa Consistorial para sacar unhas fotos cunha cámara dixital, e así poidades coñecer algo mellor esta zona. Estas son algunhas das fotos que sacamos. Agardamos que vos gusten. Para velas en grande, só tendes que clicar enriba delas.
A FAUNA DE SANTAIA
COELLOS
Os coellos son unha especie moi abundante. Xeralmente comen herba, penso...
viernes, 13 de julio de 2007
cantigas
Miña avoa sabe moitas cantigas e síguemas contando todos os días... Tanto me ten que me fales, como que pases calado, pena por ti non a teño loito por ti non o traio. Fágoche unha cruz na porta, a outra na cepa do hórreo, dígoche adeus meu queridiño que eu aquí nunca máis volvo. Alto pino, alto pino, na cima ten un piñón, quen me dera ter aquí quen teño no corazón. Alto pino, alto pino, o ceo chega a rama, debaixo do alto pino meu amante ten a cama. Olvidáchesme, olvideite, nada che quedei debendo, deixeiche carta de pago e marchei de aquí correndo. |
jueves, 12 de julio de 2007
ESCOLAS
os profesores vivían arriba, e a aula estaba abaixo. Todos os nen@s estaban na mesma aula.
Os pupitres eran de madeira, a parte de adiante do pupitre tiñan un oco onde metian a tinta para escribir con plumas, tamen podía escribir con pizarra e tiza.
Tiñan poucas asignaturas: as matematematicas, a enciclopedia e escritura.
tiñan un libro chamadio cartilla no que cada día escribía un alumn@.
Levaban o material nunhas carteiras de pao.
Os mestres eran malos e pegabanlle moitos os alumn@s, tamen os metían nunha sala que estaba chea de culebras e lagartos...
Na clase había que estar sentados e calados, tiñan que saber a lección da enciclopedia e contestarlle ben as preguntas.
Namais ían á escola cando podían.Empezaban a escola con 5 ou 6 anos e acababan os 13 anos.
No recreo xogaban a moitos xogos populares como a mariola, a pedriña...
miércoles, 11 de julio de 2007
cantigas da zona de Frades
debaixo da lavadoiro
donde María lavaba
había un anel de prata
nunha mazá colorada.
O río cando vai cheo
leva carballos e follas
tamén podía levar
as linguas murmuradoras.
Debaixo da oliveira
nin chove nin cae orballo,
o amor que ven aquí
xa che ven doutro lado.
O amante dos meus ollos
quedou de vir aquí hoxe,
se ha de vir, aínda non tarda
porque ten o camiño lonxe.
Sementei millo miúdo
no brazo dunha rapaza,
déixame marchar de aquí
antes de que o millo me naza.
Paxaro que vas voando
a pluma che vai caendo
as malas linguas do mundo
soíñas che van vendendo.
Oliveira ben prantada
sempre parece oliveira
e a nena ben casada
sempre parece solteira.
Adiós ríos, adiós fontes
lavadoiras de lavar,
adiós meu queridiño
que non che poido falar.
martes, 10 de julio de 2007
Refráns e outras cousas
Ola, son José Manuel de frades e teño 12 anos. Refráns antigos que me contaron as miñas veciñas e veciños, María Prado, José Rodríguez e Visita Pardo. "O paxaro cando chove mete o rabo na silveira, asi fan as nenas cando non hai quen as queira" "Ou Xan chama a Xan que lle diga a Xan que Xan xa chegou" "Padre nuestro pequeniño guíame por bo camiño e aló fun e alá cheguei, tres Marías encontrei en busca de Jesuscristo e non o puideron encontrar. Jesucristo esta na cruz cos peiños a sangrar chamando por Magdalena que llos viñese a limpar. Tente Magdalena tente, non llos vaias limpar que esas son as cinco chagas que Jesús ten que pasar polos vivos e polos mortos que han de resucitar". |
O CORNO QUEIMADO
Casaron a noitiña para que ninguén os vira porque tiñan medo que fixeran mofa deles.
Cando chegaron de volta da igrexa e entraron na casa escoitaron uns sonidos fortes e raros; saíron a fora e puideron comprobar que os mozos do lugar lle estaban tocando os cornos, cousa que acostumaban a facer nesa época cando se casaba unha parella de avanzada idade.
Él cheo de rabia foi pola escopeta e botou uns tiros ao aire, os mozos marcharon a correr e rindo a gargalladas.
Tamén me contaron que non se poden comer grelos o martes de carnaval porque pican os mosquitos todoo ano... Eso é o que dí a xente.
Tamén din que en Santaia, ao lado da igrexa, debaixo da terra hai unha mina de ouro pero pegado ao ouro hai explosivos e bombas, así que quen quite o ouro fará que voen polos aires Santaia enteira.
TRADICIÓNS DE FRADES
Ola escribo desde Frades e chámome Cristina, son galega e teño 11 anos. Onte falei coa miña veciña Antonina que debe ter 80 anos e con miña avoa Carmiña e contáronme que antigamente as casas tiñan dous pisos ; abaixo eran as cortes e arriba as habitacions. As casa non tiñan teléfonos, radios nin ordenadores. Comían caldo ao almorzo ao xantar e a cea a merenda comían tortilla de masa.Nas festas comían patacas con azafrán e carne de coello ou porco.Facían toda a comida na casa. Nos traballos do campo axudaban moito os animais e era moi agotador. A maioria das persoas traballaban no gando. Os rapaces case non ían a escola por culpa do traballo. Había unha escola en cada parroquia e todas as escolas tiñan dous pisos, abaixo estaba a aula e arriba vivía a profesora. A roupa faciase na casa, ou mercábase na feira. A roupa de diario era sempre a mesma. Polo camiño levaba a roupa vella e cando estaba chegando a misa poñían a roupa nova. ESPERO CONTARVOS MÁIS MAÑÁN. |