Consuelo Maceiras, da parroquia de Papucín, participou no obradoiro de informática para maiores de 60 anos e de paso deixoume, para o blog contaconfrades, un bo lote de cantigas, só unha pequena parte de todas as que ela lembra. Aquí volas poño. (Gracias, Consuelo!) Chamáchesme moreniña porque semellas meu paise te botas polo mundo. moitas máis morenas hai. Chamáchesme moreniña porque nacín na revolta aínda ti non es o guapo que me das a viravolta Quen me dera saber onde a rula ten o niño teno na horta do cura no máis alto ramalliño. Home pequeno non o quero eso non me ha de valer que me parece na casa unha xesta de varrer. O carballo da a landra e o castaño da o ourizo e o home que non ten barba nunca sae do cachorizo. O cura que me casou, debía de estar borracho, nin siquera me preguntou se era femia ou era macho. O cura que me casou, tamén me puido velar, se me peta na cabeza, aínda me volvo descasar. María ten un tinteiro cheo de tinta amarela, deixame mollar a pluma no teu tinteiro Manuela. O que me axude a cantar, eille de dar chocolate, o que non me axude nada un veneno que o mate. Estas dúas que están bailando estas dúas que bailan ben, unha parece a gramalleira outra o rabo da sertén. Pensaches tonto pensaches pensaches que te quería, iso dicircho eu, mentres outro non che tiña. Pensas que moito che quero porque che miro para a cara, muchos van a la tienda por ver y no comprar nada Telo sombreiro torto pódelo poñer ao dereito que che quero preguntar o mal que che teño feito. Telo sombreiro torto para que se che vexa o pelo nin has de facer mellor moza nin has de casar máis cedo. Carpinteiro faime un tallo que me quero sentar nel e se non o fas ben feito cágome en tí e máis nel. |
lunes, 3 de septiembre de 2007
As cantigas de Consuelo
Suscribirse a:
Entradas (Atom)